Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As empresas asociadas a Ageinco e ao Cluster do Granito queren colaborar



REDACCIÓN · PUBLICADO O 02 DE DECEMBRO DE 2016 · (0)



As oportunidades de negocio entre a Asociación Galega de Empresas de Enxeñería, Consultoría e Servizos Tecnolóxicos e as firmas englobadas no Cluster do Granito centraron a terceira “Tribuna Ageinco” de 2016, celebrada onte en Vigo. O presidente deseta asociación, Fernando López Mera, incide na posibilidade de “atopar sinerxias á hora de acometer mercados internacionacionais".


Galicia representa o 80% do sector granitero español e é o quinto exportador a nivel mundial, por detrás de India, China, Brasil e Italia. É un sector que pasou os peores anos da crise cunha importante corrección tanto de dimensión das empresas como de emprego pero que conta cunhas posibilidades de crecemento notables.

A tribuna d eonte estivo protagonizada polo presidente do Cluster do Granito, Guillermo Pérez Aboy, que estivo acompañado polo xerente do cluster, José Ángel Lorenzo;  e representantes de varias empresas da asociación.

Fernando López Mera explica que “con esta tribuna queremos abrir este foro non só ao sector público, senón tamén a sectores privados nos que as empresas de enxeñería e consultoría galegas poden atopar interesantes oportunidades de negocio”. Pérez Aboy sinalou que “temos unha interesante presenza en Estados Unidos, Europa e Oriente Medio, con fundadas expectativas de negocio” e indicou que “un dos obxectivos do cluster é concienciar ás empresas de que o granito galego non só é un elemento construtivo, senón tamén un excelente elemento decorativo”. E unha interesante vía de colaboración coas empresas de enxeñería e consultoría galega sería en materia de I+D+i xa que “sempre é necesario buscar novas solucións para a colocación do granito” amosando a súa satisfacción por “iniciar unha relación de colaboración” con Ageinco, xa que “sempre é importante manter unha relación entre quen elabora os proxectos construtivos e quen achega o material”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)