Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os empresarios galegos, preocupados pola competencia desleal da Universidade



REDACCIÓN · PUBLICADO O 31 DE XANEIRO DE 2017 · (0)



Representantes da Xunta Directiva de Ageinco mantiveron varias reunións cos reitores para trasladarlles esta realidade e coincidiron en que non deberían competir en prestar servizos propios das empresas, porque atacaríase directamente ao mercado para o cal se forman aos alumnos.  


Os tres reitores, segundo a Asociación Galega de Empresas de Enxeñería de Consultoría e Servizos Tecnolóxicos, “mostraron a súa total comprensión ante a ameaza que poden supoñer e comprometéronse a actuar”. Coinciden en que a Universidade só pode participar en proxectos de investigación e en avances do coñecemento.

As tres Universidades galegas están en disposición de establecer liñas de colaboración coas empresas de AGEINCO en temas de I+D+i. Neste momento, a asociación traballa na preparación dunha memoria sobre temas de investigación e desenvolvemento de enxeñería no ámbito galego. 

O reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Matogueira, propuxo a Ageinco explorar dúas liñas de colaboración: unha co Instituto de Enerxía, que depende da Universidade, e outra co Campus de Mar. E mostrouse moi proclive a dinamizar a conexión coas empresas asociadas, facilitando cobertura desde a universidade para presentarse a “Conecta pemes” e, mesmo crear unidades mixtas específicas coa universidade.  Pola súa banda, o reitor da Universidade da Coruña, Xulio Abalde, cre positivo establecer liñas de colaboración coas empresas a través do CITEC; o Campus industrial de Ferrol e o FUAC. Ademais ofreceuse a prestar apoio en Interconecta Pemes e apoiar temas formativos.

Finalmente, a máxima autoridade da Universidade de Santiago, Juan Viaño, cre que a colaboración debería ir máis aló das Escolas de Enxeñería do campus de Lugo (agrónomos e forestais) e centrarse, tamén, noutras facultades máis clásicas como informática, matemáticas, ou laboratorios de simulación. O Vicerreitorado de Investigación e Innovación, no edificio CACTUS, será o que canalice as diferentes actuacións coas empresas da asociación.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)