Chega a Galicia unha 'app' que ofrece alugueres de coche a un euro con seguro incluído
A app e plataforma chámase DriiveMe e polo de agora permite viaxar por España dun punto a outro. En Francia cun millón de usuarios e para entrar no noso país comezou por Galicia. Ofrece máis de 200 traxectos dende os nosos aeroportos e estacións de tren cun funcionamento ben enxeñoso.
O que fixeron os dous irmáns fundadores foi asinar con grandes empresas de aluguer como Avis, Hertz e Europcar. Aproveitan que teñen a necesidade de mobilizar os vehículos dun lugar a outro - tradicionalmente contrataban servizos de transporte- e app permite estes desprazamentos ofrecéndollos aos usuarios. Así gañan todos: as compañías conseguen trasladar os vehículos e os usuarios poden alugar un coche ou furgoneta por só un euro.
O proceso é moi similar ao dun aluguer normal: o condutor dáse de alta na plataforma, elixe o vehículo, a data e a hora na que vai recoller o vehículo e, por suposto, onde se recollerá e entregará. Unha vez reservou a ruta polo simbólico prezo dun euro, o único que terá que pagar son as peaxes -se os houbese- e a gasolina. O vehículo conta con seguro a todo risco contratado coa compañía Allianz.
DriiveMe elixiu España como primeiro país de expansión e centrouse nos usuarios galegos, ofrece máis de 200 traxectos desde os aeroportos e estacións de tren de Galicia a aeroportos a estacións de diferentes ciudades españolas, polo de agora sobre todo a Madrid a Barcelona, pero acaba de arrincar. Nos próximos meses ofrecerá viaxes tamén a países próximos como Portugal, Francia e Italia. En España, nos poucos meses que leva operativa, alcanzou máis de 10.000 usuarios e case 100 traxectos ao mes, a marxe de mellora é moita.
Comentarios (0)